O grupo ICEDE destaca na XXVI Reunión de Economía Mundial co Premio José Luis Sampedro

por administrador | 21 mayo 2026 | Noticias

O grupo ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento) da USC participa estes días en Xenebra (Suíza), a través do seu coordinador, Xavier Vence, na oitava xuntanza do Grupo Intergobernamental de Expertos en Comercio Electrónico e Economía Dixital da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento.

En concreto, a participación da USC foi no marco dunha sesión que analizaba o final do ciclo de vida da dixitalización, centrándose nos impactos dos residuos relacionados así como nas implicacións comerciais e de desenvolvemento da xestión dos devanditos residuos e o potencial dunha economía dixital circular para contribuír a un desenvolvemento inclusivo e sustentable.

Neste panel, o profesor Vence presentou os resultados obtidos polo grupo ICEDE no proxecto ‘Potencialidades da Economía Circular para o desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina’ financiado pola Cooperación Galega – Xunta de Galicia no marco da convocatoria Investigación para o desenvolvemento entre 2021  e 2023.

Premio Jose Luis Sampedro para a comunicación “Disparities and trends in the evolution of environmental taxation worldwide: the prolonged failure of the Kyoto and Paris Agreements” de Xavier Vence e Sugey López

Nesta semana, persoal investigador do grupo ICEDE asistiu e participou activamente na XXVI Reunión de Economía Mundial, celebrada na Universidade de Jaén e organizada pola Sociedade de Economía Mundial baixo o lema “Desarrollo y Reconfiguración de la Economía Mundial: Tendencias y Desafíos”.

Durante o encontro presentáronse as últimas investigacións do grupo en materia de transición verde e economía sustentable.
Parabéns a Sugey de J. López Pérez e Xavier Vence Deza, que recibiron o Premio José Luis Sampedro pola comunicación:  “Disparities and trends in the evolution of environmental taxation worldwide: the prolonged failure of the Kyoto and Paris Agreements”.