Desarrollo territorial, Políticas públicas
Desigualdades interrexionais e intrarexionais en Europa: O papel da diversidade estructural e institucional na evolución das disparidades rexionais
Análise das desigualdades territoriais e da evolución das disparidades entre e dentro das rexións, atendendo ás diferenzas estruturais e institucionais.
Investigadores
Ángela Troitiño Cobas, Aleixo Vilas Castro
Período
2001
-
2005
Financiación
Xunta de Galicia
Resumen
O proxecto estudou a evolución das desigualdades territoriais atendendo tanto ás diferenzas entre rexións como ás existentes no interior delas. A investigación prestou especial atención ao papel das estruturas económicas e produtivas e dos factores institucionais na evolución das disparidades rexionais. Unha parte dos traballos analizou tamén a desigualdade económica nos países da UE-15 a partir dos datos do Panel de Fogares da Unión Europea, empregando indicadores de desigualdade e técnicas estatísticas para estudar a relación entre desigualdade e nivel económico.
Obxectivos
Analizar a evolución das disparidades económicas entre as rexións.
Estudar as desigualdades existentes dentro das propias rexións.
Examinar o papel das diferenzas na estrutura económica e produtiva.
Analizar a influencia dos factores institucionais na evolución das disparidades.
Estudar a relación entre nivel económico e desigualdade.
Comparar a evolución da desigualdade entre os países europeos.
Actividades
Análise comparada das desigualdades rexionais.
Estudo das diferenzas estruturais e institucionais.
Análise da desigualdade económica nos países da UE-15.
Utilización do European Community Household Panel (ECHP) para o período 1994-2001.
Cálculo de indicadores de desigualdade, entre eles Gini, Atkinson e Theil.
Análise mediante correlacións e regresións da relación entre desigualdade e nivel de renda.
Resultados
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Dialnet-DesigualdadeENivelEconomicoNosPaisesDaUE15-2665593-2.pdf
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Xunta-de-Galicia.webp