Desarrollo sostenible, Economía Circular
Potencialidades da Economía Circular para o desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina
Análise das posibilidades da economía circular nos países de América Latina como vía para avanzar cara a modelos de desenvolvemento máis sustentables e inclusivos, con especial atención aos aparellos eléctricos e electrónicos e aos residuos derivados do seu consumo.
Investigadores
Xavier Vence Deza, Sugey de Jesús López Pérez, María Ángeles Pereira Sánchez, Óscar Rodil Marzábal e Juan Alberto Turnes Abelenda
Período
2021
-
2022
Financiación
Xunta de Galicia - Cooperación Galega
Resumen
O proxecto ten por obxectivo xeral abordar a grave problemática da xeración de residuos no sector de aparellos eléctricos e electrónicos en 4 países de América Latina e propor solucións baseadas no deseño e difusión de modelos de negocio circulares. Para iso, proponse analizar as condicións de partida e as posibles estratexias para contribuír ao desenvolvemento e implantación da economía Circular en México, Ecuador, Arxentina e Cuba, como unha vía para contribuír a un desenvolvemento máis sustentable e socialmente inclusivo abordando ao mesmo tempo varios dos obxectivos da axenda 2030.
FASE 1
Realización dun diagnóstico detallado da situación nos catro países seleccionados (México, Ecuador, Arxentina e Cuba) respecto aos trazos da produción e consumo de AEE (Aparellos eléctricos e electrónicos), así como á xeración de residuos electrónicos nestes países:
Revisión sistematizada dos trazos da produción e consumo de AEE.
Análise das principais fontes de xeración de refugallos electrónicos.
Revisión do marco normativo-regulador existente nestes catro países.
Análises das carencias de cada país e dos sectores formais e informais relativas á compra-venda de AEE.
FASE 2
Desenvolvemento dunha proposta integral de modelos de negocio para a Economía Circular aplicables ao sector de AEE.
Sistematización de modelos de negocio para a Economía Circular no sector de AEE.
Determinación dos requisitos necesarios para a aplicación dos diferentes modelos de negocio para EC.
FASE 3
Desenvolvemento de estratexias e ferramentas para transferir os coñecementos sobre as prácticas da Economía Circular.
Guía para a implantación de modelos de negocio para a EC e de paquetes integrados de políticas orientadas a promover e facilitar a posta en marcha de modelos de negocio para a EC.
Difusión e capacitación sobre os resultados do proxecto a axentes clave dos distintos países.
Obxectivos
Analizar as condicións de partida para o desenvolvemento da economía circular en Arxentina, Ecuador, México e Cuba.
Estudar a situación dos aparellos eléctricos e electrónicos e dos residuos electrónicos nestes países.
Identificar modelos de negocio, actividades e estratexias de economía circular adecuados para cada contexto.
Determinar os factores e condicións necesarios para a súa implantación.
Analizar as fortalezas e debilidades de cada país fronte a esas condicións.
Formular recomendacións e propostas de política para avanzar cara a estratexias de circularidade.
Actividades
Elaboración dun diagnóstico específico de cada país.
Análise dos sistemas de produción, consumo e xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.
Identificación e análise de modelos de negocio circulares.
Estudo dos condicionantes económicos, sociais e institucionais para a súa implantación.
Análise das fortalezas e debilidades de cada país.
Elaboración de recomendacións para o deseño de políticas e estratexias de circularidade.
Resultados
Actividade 1: Diagnose detallada de cada un dos países https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-1_-Informe-diagnostico-Argentina.pdf
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-2_-Informe-diagnostico-Cuba.pdf https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-3_-Informe-diagnostico-Ecuador.pdf https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-4_-Informe-diagnostico-Mexico.pdf
Actividade 2: Proposta de modelos de negocios https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-5_-Informe.Modelos.Negocio.Arxentina.pdf https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-6_-Informe.Modelos.Negocio.Cuba_.pdf https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-7_-Informe.Modelos.Negocio.Ecuador.pdf https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-8_-Informe.Modelos.Negocio.Mexico.pdf
Actividade 3: Guía para a implantación https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Anexo-9_Informe.Guia_.pdf
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Xunta-de-Galicia.webp
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Cooperacion-Galega-Xunta-de-Ga.webp