Cadenas globales de valor, Desarrollo territorial, Descarbonización, Innovación, Políticas públicas
REVALEC – Novas estratexias e cambios nos patróns espaciais de industrialización e rexionalización das cadeas globais de valor: o papel das políticas de descarbonización
Análise dos cambios nas cadeas globais de valor e dos seus efectos sobre a localización da actividade industrial, prestando especial atención ao papel das políticas de descarbonización.
Investigadores
Xavier Vence Deza e Óscar Rodil
Período
2023
-
2026
Financiación
Agencia Española de Innovación
Resumen
O cambio de tendencia que se vive desde a Gran Recesión de 2008, acentuada pola crise do COVID-19, puxo de manifesto algunhas debilidades das CGV marcando un punto de inflexión. REVALEC persegue xerar novo coñecemento a través da análise dos cambios de estratexia das principais potencias (UE, EE. UU. e China) que afectan os patróns espaciais de industrialización e rexionalización das CGV, con especial atención ao papel que desempeñan nestes procesos as políticas de descarbonización e de EC. O proxecto abórdase desde unha perspectiva que combina a análise teórica e empírica a partir das fontes de información dispoñibles a diferentes niveis.
Obxectivos
Analizar os cambios recentes nas cadeas globais de valor.
Estudar as novas estratexias de industrialización e rexionalización da produción.
Analizar o efecto das políticas de descarbonización sobre a organización territorial da actividade económica.
Estudar o papel da economía circular e das políticas industriais na reorganización das cadeas de valor.
Identificar os cambios nas estratexias das principais potencias económicas.
Analizar as consecuencias territoriais destes procesos para as diferentes rexións.
Actividades
Análise das estratexias industriais e económicas máis relevantes das principais áreas xeoeconómicas: UE, EE. UU. e China, e identificación de motivacións e tendencias.
Análise da incidencia das estratexias estudadas anteriormente nos patróns espaciais de industrialización e rexionalización das cadeas globais de valor.
Mapeo das CGV a través dos fluxos de comercio en valor engadido.
Análise do papel das estratexias de descarbonización e Economía circular no novo marco de desglobalización
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/miciu-cofinanciadoUE-aei_0.webp