Desarrollo territorial, Educación, Innovación, Políticas públicas
RURD: Role of Universities in the regional development
Proxecto europeo orientado a reforzar o papel das universidades rexionais de Xeorxia no desenvolvemento dos seus territorios e a mellorar a súa cooperación coas administracións locais.
Investigadores
Xavier Vence Deza, María Ángeles Pereira Sánchez, Sugey de Jesús López Pérez, Óscar Rodil Marzábal e Juan Alberto Turnes Abelenda.
Período
2020
-
2022
Financiación
Erasmus+ CBHE
Resumen
RURD estudou o papel das universidades rexionais no desenvolvemento dos territorios nos que están situadas, tomando como ámbito de aplicación principal as institucións de educación superior de Xeorxia. O proxecto buscou reforzar a súa relación coas comunidades locais e coas administracións públicas e mellorar a capacidade das universidades para responder ás necesidades específicas de cada territorio. A iniciativa incorporou a experiencia de universidades europeas e traballou sobre planificación estratéxica, cooperación institucional e a chamada terceira misión universitaria.
UNIVERSIDADES XEORXIANAS SOCIAS
Akaki Tsereteli State University (Georgia) (Coordinator)
Kutaisi University (Georgia)
Batumi Shota Rustaveli State University (Georgia)
Batumi State Maritime Academy (Georgia)
Batumi Arts State University (Georgia)
Shota Meskhia State Teaching University of Zugdidi (Georgia)
Gori State Teaching University (Georgia)
Iakob Gogebashvili Telavi State University (Georgia)
Samtskhe-Javakheti State University (Georgia)
Caucasus University (Georgia)
SOCIOS EUROPEOS
University of Santiago de Compostela (Spain)
FH JOANNEUM Gesellschaft mbH (Austria)
Masaryk University (Czech Republic)
Vytautas Magnus University (Lietuva)
AUTORIDADES PÚBLICAS
Ministry of Education, Science, Culture and Sport of Georgia (Georgia)
National Center for Educational Quality Enhancement (Georgia)
Obxectivos
Reforzar o papel das universidades rexionais no desenvolvemento dos seus territorios.
Elaborar misións, visións e plans estratéxicos adaptados ás necesidades locais.
Mellorar a cooperación entre universidades e administracións locais.
Incorporar ás universidades ás dinámicas de desenvolvemento das súas rexións.
Modernizar estruturas de xestión universitarias a partir da experiencia das institucións europeas.
Favorecer a cooperación entre universidades, autoridades locais e outros axentes sociais.
Actividades
Análise das necesidades e características dos territorios nos que se localizan as universidades.
Elaboración de análises DAFO e diagnósticos institucionais.
Desenvolvemento e actualización dos plans estratéxicos das universidades participantes.
Formación de persoal académico e administrativo.
Intercambio de experiencias e boas prácticas entre universidades europeas e xeorxianas.
Desenvolvemento de cursos de formación permanente relacionados coa terceira misión universitaria.
Reforzo da cooperación entre universidades e administracións locais.
Resultados
O proxecto desenvolveu plans e ferramentas para reforzar a relación das universidades rexionais co seu territorio, así como actividades de formación para persoal académico e administrativo.
Tamén se traballou na cooperación entre universidades e autoridades locais e na incorporación da terceira misión ás estratexias das institucións participantes.
A USC acolleu en Santiago de Compostela, en marzo de 2022, unha reunión internacional do proxecto na que se revisaron os avances nos cursos de formación, a garantía de calidade e as actividades finais.
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/RURD.webp
https://prototipo.icede.inovalabs.es/wp-content/uploads/2026/09/Erasmus-2.webp